alberte's Forum

Benvido ao foro. Sentídevos libres de incluír a vosa mensaxe.


Search For Similar Forums   ·   Return to Website

  First
  Prev
  Reply
  Forum
Next  
Last  
Search this Forum:  
Viewing Page 1 of 1 (Total Posts: 1)


Author Comment    
Unión Libertaria

www.unionlibertaria.org


May 1, 05 - 3:10 AM
Xornadas Libertarias en Ferrol

Na primeira semana de maio o grupo “Unión Libertaria” de Ferrol organiza
unhas novas xornadas libertarias. Os actos celebraranse no Ateneo Ferrolán a
partir das 19 horas, nos días 3, 4, 5 e 6 de maio. O programa é o seguinte:

Martes 3 de maio. Acto póla revisión do proceso a Joaquín Delgado e
Francisco Granado, que contará coa presencia de Octavio Alberola Suriñach,
militante anarquista e organizador dos grupos antifranquistas libertários. O
acto servirá para reivindicar a revisión do proceso que condenou a estes
dous militantes libertários á pena do garrote vil em 1963, por uns actos que
non cometeran (foron reivindicados posterioremente por outras persoas).
Octavio Alberola, como organizador dos grupos de acción anarquista, é unha
testemuña clave neste proceso, e un dos mais significados militantes
anarquistas na segunda metade do século XX. Foi autor do libro “El
anarquismo español y la acción revolucionaria”, editado orixinalmente por
“Ruedo Ibérico” en 1975 e reeditado recentemente pola Editorial Virus.
(Octavio Alberola estará dando charlas sobre o mesmo tema na Coruña e Vigo
os días 4 e 5, para coñecer o resto dos actos programados preme aquí).

Mércores 4. Charla-debate sobre o tema “Muller e cárcere”, a cargo de
integrantes de CNA Compostela.


Xoves 5. Debate sobre a situación do barrio de Recimil. Coa participación de
veciños do barrio, un arquitecto, un experto en patrimonio, unha abogada,
que debaterán a perspectiva á que se enfronta o barrio e a cidade enteira
diante da xigantesca operación especulativa plantexada polo goberno municial
de Ferrol.

Venres 6. Presentación da película “Cuatro horas en Chatila” (baseada no
libro homónimo de Jean Genet), do director Carlos Lapeña, seguida de
“Chatila o la vida extraterrestre”; o acto contará coa presencia do
director, Carlos Lapeña. As dúas obras foron producidas por “La funesta
manía de pensar” e “Wildtrack” para o Comite de Solidaridad con la Causa
Árabe, e narran as matanzas perpetradas nos campos de refuxiados de
palestina de Chabra e Chatila por milicias libanesas, coa cooperación do
exército israelí (dirixido daquela polo actual primeiro ministro Ariel
Sharon) e a indolencia da comunidade internacional.


--
Unión Libertaria
www.unionlibertaria.org


  First
  Prev
  Reply
  Forum
Next  
Last  




Get your FREE forum service! 
Headline News · Daily Cartoons · E-Cards · Classifieds  powered by Powered by Bravenet bravenet.com