Benvido ao foro. Sentídevos libres de incluír a vosa mensaxe.
alberte's Forum
Benvido ao foro. Sentídevos libres de incluír a vosa mensaxe. |
||
| Search For Similar Forums · Return to Website | ||
| Viewing Page 1 of 1 (Total Posts: 1) |
| Author | Comment |
Edicións Positivas
Mar 30, 05 - 10:41 PM |
Revista Animal
O número 15 do ANIMAL, revista cultural para todas as especies, xa está na rúa. A revista ANIMAL, editada por Edicións Positivas, consolida así a súa nova etapa, encetada no anterior número, cunha nova proposta gráfica e unha liña editorial máis próxima dos novos debates e contidos que agroman no mundo socio-cultural galego. No número que vén de saír do prelo destacan o dossier adicado á "RETRANCA", coa presenza de colectivos como Aduaneiros sen Fronteiras, Once Varas, Burla Negra, Colectivo Chapapote, e creadores como Antón Corsario ou Roberto Ribao, e o dossier de título "TOMAR PARTE", onde se abordan distintas experiencias culturais comunitarias, como a TV Comunitaria de Chantada, Cabodomundo, a radio ResonanceFM de Londres, a Rede Comum, da Beira Baixa portuguesa, o proceso de participación veciñal no Concello de Boiro, a análise do espazo de comunicación galego de Marcelo Martínez ou a visión libertaria sobre o Orzamento Participativo de Eliseo Fernández. |
bravenet.com