Benvido ao foro. Sentídevos libres de incluír a vosa mensaxe.
alberte's Forum
Benvido ao foro. Sentídevos libres de incluír a vosa mensaxe. |
||
| Search For Similar Forums · Return to Website | ||
| Viewing Page 1 of 1 (Total Posts: 1) |
| Author | Comment |
|
Asociación de Mulleres Espadela
Jan 27, 05 - 11:02 PM |
FESTA DA VINCHA EN CERDEDO
O vindeiro día 5, sábado, a partir das 12 h. vaise celebrar a Vª Edición da Festa da Vincha no adro da parroquial de Cerdedo. Como todos os anos a Asociación de Mulleres Espadela fai un gran esforzo para levala adiante con dignidade cos seus escasos medios, ofertando un postre tradicional elaborado de xeito artesán e familiar (algo moi pouco habitual nas festas gastronómicas) e distintos atractivos de carácter cultural: pregón a cargo dunha coñecida escritora da bisbarra, obradoiros de cestería e ferro, cerámica tradicional de Niñodaguia, xantar enxebre, gaiteiros, servizo de bar, venda de doces e licores propios da zona..... Este ano, o Concello axuda menos que nunca (600 €), agardando co seu habitual sectarismo a que a Festa morra, Espadela se desfaga e eles coa súa clientela do PP teñan as mans ceibes para se quedar co evento. Por iso Espadela pediu axuda á asociación cultural e ecolóxica da Terra de Montes,Verbo Xido, para que botara unha man. En consecuencia, Verbo Xido corre a cargo dun dos obradoiros e instalará un pequeno stand cunha exposición dun casal propio da Terra de Montes en miniatura e procederá á venda das súas diversas publicacións. Nese sentido, temos varias novidades que distibuiremos alí: * a Guía didáctica do Centro Etnográfico "Terra de Montes". * O nº 9 do Boletín "Verbo Xido", recén saído do forno. * un folleto a toda cor do roteiro Sarmiento, elaborado por Carlos Solla, e que sairá xusto para a Festa como unha contribución máis á mesma. Entendemos que este ano é moi importante contar coa vosa colaboración, habida conta das especiais circunstancias que concorren. Compre botar unha mán a Espadela e que a Festa non morra nas mans dos que só saben gobernar para si mesmos e para os seus amig@s e clientes, e con ela desapareza un dos poucos espazos de liberdade e creatividade cos que contamos na Terra de Montes. Por iso é decisiva a vosa presenza, que, asemade, fará posíbel pasar un momento agradábel, divertido e formativo. Saúdos Pola directiva de Verbo Xido Lola Varela PD: corre o máis que poidas este chamamento. |
bravenet.com