alberte's Forum

Benvido ao foro. Sentídevos libres de incluír a vosa mensaxe.


Search For Similar Forums   ·   Return to Website

  First
  Prev
  Reply
  Forum
Next  
Last  
Search this Forum:  
Viewing Page 1 of 1 (Total Posts: 1)


Author Comment    
Brais González



Jan 22, 05 - 2:43 AM
Apresentación de Sangue sobre silenzo en Santiago

BRAIS GONZÁLEZ PÉREZ
apresenta o seu libro:

"Sangue sobre silenzo"

O Venres 28 de XANEIRO na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16), ás 20:00h.

APRESENTACIÓN que contará coa intervención de Xiao Roel (catedrático de latín en Vigo), Antón Figueroa (catedrático de filoloxía francesa na U.S.C) e Euloxio R. Ruibal (presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega).

Á venda en Andel Virtual.
Tel. (+34) 986 239 000 Fax: (+34) 986 902 588
Rúa Pintor Lugrís, 10 - 36211
Vigo Galiza (Spain)

Sinopse: ...'Se algo me sorprendeu como lector privelixiado deste "primeiro libro" de poemas de Brais González foi esa súa disposición para situarse na experiencia cultural e política galega do pasado, para apropiarse dela, asumila e, sen esquecer a realidade cultural e literaria do presente, construír con ela un mundo intemporal, utópico, fantástico pero reflexivo e tamén persoal, moderno e novo como el mesmo: sorprende pois esa capacidade para construír un cosmos galego coherente, onde as palabras fan universalizar o mundo cotiá e rivivir espazos e tempos pasados, sorprende pois a moita memoria deste rapaz dalgúns anos que non vai á esculca persoal de tempo perdido ningún senón á busca dun tempo social dunha terra que ten de falar ela mesma onde todo o tempo pasado é presente'... Antón Figueroa


  First
  Prev
  Reply
  Forum
Next  
Last  




Get your own FREE Forum today! 
Free Web Hosting   Web Calendars   Cheap Domains   Free Guestbooks  powered by Powered by Bravenet bravenet.com