alberte's Forum

Benvido ao foro. Sentídevos libres de incluír a vosa mensaxe.


Search For Similar Forums   ·   Return to Website

  First
  Prev
  Reply
  Forum
Next  
Last  
Search this Forum:  
Viewing Page 1 of 1 (Total Posts: 1)


Author Comment    
Luís Villares Naveira



Jan 17, 05 - 12:13 AM
Constitución para Europa? II

Social: dende unha perspectiva de clase, o TI non avanza no recoñecemento ou mellora dos dereitos colectivos das clases traballadoras. É significativa a redacción do artigo referente ao dereito á propiedade, onde desaparece toda mención á súa función social. Na parte dogmática, por outra banda, mestúranse dereitos que no constitucionalismo europeo adoitaron estar separados polo grao de protección que merecían e a súa significación axiolóxica funamental para a vida en comunidade. Así agora comparten lugar nos valores da Unión o dereito á vida, o da propiedade e o da liberdade de empresa (iso sí, éste último sen as limitacións ata agora propias como a intervención do Estado na Economía por razóns de interese xeral). A perversión axiolóxica declarada no TI ten a virtude de descubrir a súa ideoloxía neoliberal, determinando o obxectivo deste proceso, situando a libre competencia a carón da dignidade humana, a supeditación do benestar social á marxe que lle permitan os obxectivos do libre mercado. En coherencia coa natureza de TI e non de Constitución non se prevén mecanismos normativos, institucionais ou xudiciais para garantir o cumplimento dos febles dereitos sociais recollidos na parte dogmática (pois malia a declaración xeral de dereitos, as institucións só teñen plenas competencias en materia predominantemente económica).
Os dereitos individuais tampouco saen ben parados, reducíndose ou desaparecendo mencións a determinadas políticas públicas relativas á vivenda ou configurando o dereito ao traballo. De monstruosa e represiva debe ser calificada a posibilidade de castigar penalmente conforme aos principios xerais do Dereito, enunciada co gallo da proclamación do principio de legalidade penal.

Este contido do TI avala unha posición de fondo contraria da cidadanía galega, na busca dun espazo participativo, libre, de decisión, a nivel europeo, no que pimen as políticas sociais sobre as neoliberais, e o respecto ás colectividades fronte ao individualismo alienador da nosa conciencia nacional e social.


  First
  Prev
  Reply
  Forum
Next  
Last  




Get your own FREE Forum today! 
Counters & Site Stats   Online Photo Albums   Email Forms   Free Guestbooks 
powered by Powered by Bravenet bravenet.com