alberte's Forum

Benvido ao foro. Sentídevos libres de incluír a vosa mensaxe.


Search For Similar Forums   ·   Return to Website

  First
  Prev
  Reply
  Forum
Next  
Last  
Search this Forum:  
Viewing Page 1 of 1 (Total Posts: 2)


Author Comment    
cortesía do correio email



Jan 15, 05 - 4:49 AM
CONVERSA REAL GRAVADA DA FRECUENCIA DE EMERXENCIA MARÍTIMA CANLE 106, NA COSTA DE FISTERRA (GALIZA)

CONVERSA REAL GRAVADA DA FRECUENCIA DE EMERXENCIA MARÍTIMA CANLE 106, NA COSTA DE FISTERRA (GALIZA), ENTRE GALEGOS E NORTEAMERICANOS, O 16 DE OUTUBRO, DE 1997 (é verídico)

Galegos: (ruído de fondo).... Fálalles o A-853, por favor, desvíen o seu rumbo quince graos sur para evitar colisionarnos... Aproxímanse directamente cara a nós, distancia 25 millas náuticas.

Americanos: (ruído de fondo)... Recomendamos que desvíen o seu rumbo
quince graos norte para evitar colisión.

Galegos: Negativo. Repetimos, desvíen o seu rumbo quince graos sur para evitar colisión.

Americanos: (outra voz americana) Fala o capitán dun navío dos Estados Unidos de América. Insistimos, desvíen vostedes o seu rumbo quince graos norte para evitar colisión.

Galegos: Non o consideramos factible nin conveniente, suxerímoslles que desvíen o seu rumbo quince graos sur para evitar colisionarnos.

Americanos: (moi quente) FÁLALLES O CAPITÁN RICHARD JAMES HOWARD, AO MANDO DO PORTA-AVIÓNS USS
LINCOLN, DA MARINA DOS E.E.U.U., O SEGUNDO NAVÍO DE GUERRA MÁIS GRANDE DA FLOTA NORTEAMERICANA. ESCÓLTANNOS DOUS ACOIRAZADOS, SEIS DESTRUCTORES, CINCO CRUCEIROS, CATRO SUBMARINOS E NUMEROSAS EMBARCACIÓNS DE APOIO. DIRIXÍMONOS CARA A AGUAS DO GOLFO PÉRSICO PARA PREPARAR MANIOBRAS MILITARES ANTE UNHA EVENTUAL OFENSIVA DE IRAQ. NO LLES SUXIRO... ORDÉNOLLES QUE DESVÍEN O SEU CURSO QUINCE GRAOS NORTE!!!!! EN CASO CONTRARIO VERÉMONOS NA OBRIGA DE TOMAR AS MEDIDAS QUE SEXAN NECESARIAS PARA GARANTIR A SEGURIDADE DESTE BUQUE E DA FORZA DESTA COALICIÓN. VOSTEDES PERTENCEN A UN PAÍS ALIADO, MEMBRO DA OTAN E DESTA COALICIÓN... POR FAVOR, OBEDEZAN INMEDIATAMENTE E APARTEN DO NOSO CAMIÑO!!!!!

Galegos: fálalles Juan Manuel Salas Alcántara. Somos dúas persoas.
Escóltanos o noso can, a nosa comida, dúas cervexas e un canario
que agora está a durmir. Temos o apoio de Cadena Dial da Coruña
e a canle 106 de emerxencias marítimas. Non nos diriximos a ningún lado xa que lles falamos desde terra firme, estamos no faro A-853 Fisterra,
da costa de Galiza. Non temos a máis **** idea en que posto estamos no ránking de faros do estado. Poden tomar as medidas que consideren oportunas e que lles dea a **** gana para garantir a seguridade do seu buque de merda, que se vai dar unha hostia contra as rochas, polo que volvemos a insistir e suxerímoslles que o mellor, máis saudable e máis recomendable é que desvíen o seu rumbo.

Americanos: Ben, recibido, grazas.

CONVERSA REAL GRAVADA DA FRECUENCIA DE EMERXENCIA MARÍTIMA CANLE 106, NA COSTA DE FISTERRA (GALIZA)
tangaranho



Jan 16th, 2005 - 1:12 AM
Re: CONVERSA REAL GRAVADA DA FRECUENCIA DE EMERXENCIA MARÍTIMA CANLE 106, NA COSTA DE FISTERRA (GAL

Conheço outra versom da piada, mas nesse caso trata-se de um buque também ianque que vai escachar contra um farol canadiano. Quê mania de se escachar contra os farois...


  First
  Prev
  Reply
  Forum
Next  
Last  




Get your own FREE Forum today! 
Free Blogs   Cheap Domains   Counters & Site Stats   Email Forms 
powered by Powered by Bravenet bravenet.com