Benvido ao foro. Sentídevos libres de incluír a vosa mensaxe.
Hey Webmasters! New Photo Album Service Launched - Check it out!
alberte's Forum
Benvido ao foro. Sentídevos libres de incluír a vosa mensaxe. |
||
| Search For Similar Forums · Return to Website | ||
| Viewing Page 1 of 1 (Total Posts: 2) |
| Author | Comment |
|
Luís Villares Naveira
Jan 10, 05 - 9:49 AM |
Constitución para Europa?
Constitución para Europa? Luís Villares Naveira Con intencionada falla de información, o goberno convocou á cidadanía galega en vindeiras datas para ratificar en referendo un Tratado Internacional (TI) denominado “Constitución para Europa”. O primeiro recelo que suscita o texto é a teima en denominalo “Constitución”, cando non o é. Estamos perante unha interesada perversión semántica que busca dotar de apariencia democrática un proceso de integración fondamente despótico. Co gallo da entrada do novos Estados do Leste no clube económico era precisa unha reforma dos Tratados da UE, aproveitada para tentar lexitimar unhas institucións europeas carentes en toda a súa historia de participación directa da cidadanía, algo que este TI consolida, e nós non podemos, con oso voto, aceptar. Que o TI non é unha Constitución está fóra de dúbida; o proceso de elaboración, sen un lexislador constituínte saído dunhas eleccións ad hoc; o seu contido, que non determina, nin formal, nin materialmente, a producción xurídica dos Estados membros (anque incida como TI efectivamente sobre o Odenamento Xurídico); o seu proceso de aprobación, no que non existe necesariamente referendo; mesmo a consulta sobre a súa constitucionalidade ao Tribunal Constitucional determina a súa natureza de TI. Daquela, por que ese interese na transfiguración conceptual?simplemente para revestir a actuación da política económica europea de apariencia democrática, empreñando o termo máxico “constitución”, asociado na cultura occidental como proceso democrático de elaboración, aprobación e ratificación. Falando con propiedade, debemos referirnos a ao texto simplemente como “Tratado”. Só por este engano semántico deberamos dicir “non”. Pero aínda hai máis. Aceptando que é un TI, o contido do mesmo lévanos a rexeitalo, dende unha triple perspectiva; Nacional: O TI non garante, nen sequer recoñece, os nosos dereitos colectivos como nación. Só artella o funcionamento institucional arredor dos dereitos individuais e dos intereses estatais. Non podemos aceptar un TI que institucionalmente ignora á nosa nación, relegándoa a non recoñecela nin como autonomía. Repárese en que a Constitución Española recoñece a autonomía política de Galicia; o TI, nin iso, xa que o único órgao rexional europeo, o “Comité das Rexións”, só ten capacidade consultiva non vinculante, e degrada ás nacións que dela participan, equiparando a súa autonomía á dos concellos. O TI ignora que o Estatuto de Autonomía atribúe ao noso país competencias legislativas exclusivas en determinadas materias, afectadas polo TI, e non prevé a presenza directa das institucións autonómicas neses eidos de decisión, deixando a representación ao voluntarismo dun goberno estatal que en políticas como a agricultura ou pesca detenta só compentencias marxinais. O TI debera garantír un órgao con competencias vencellantes para as rexións con capacidade política e afirma-la presenza directa delas nos foros de discusión e toma de decisións. Sen intermediarios estatais. Coa estructura actual o TI nega toda posibilidade de confederación europea de nacións. Democrática: a atribución e distribución institucional das competencias derivadas do TI revélase antitética dos procesos democráticos de toma de decisións. A iniciativa lexislativa, ponto de arranque da promulgación da lei, como expresión actualizada da soberanía (con límites constitucionais, claro) en función dos intereses das maiorías, non descansa no Parlamento Europeo (PE), nen sequer nun executivo, senon na “Comisión”, órgao de indirectísima raigame democrática (desígnase polos gobernos dos Estados –nen sequer os Parlamentos Estatais-, proposta que o PE pode ratificar ou non, pero nunca propoñer). O Consello consolídase como órgao executivo, sendo a suma dos gobernos dos Estados membros, cando o democrático sería que fose nado do corpo eleitoral europeo directamente, a través do PE. E éste, convidado de pedra. Lexión folclórica de cidadáns sen apenas competencias vencellantes, limitando as súas funcións as máis das veces a unha mera acclamatio principis da actividade desenvolvida polos outros órgaos, de novo para revestir, no intre final, de lexitimación democrática un proceso de elaboración normativa de clara incidencia na nosa vida económica carente de participación, consulta. De democracia, pois só se pode entender ésta como participación en tódolos estadíos da toma de decisións, non só nun veto ou ratificación (en casos contados). O TI consolida na súa parte organizativa este panorama, reducindo a declaración sen contido, nen intencións, a suposta parte orgánica onde asume compromisos cos valores democráticos, non dotando o contido das institucións de ferramentas para facelos efectivos. Social: dende unha perspectiva de clase, o TI non avanza no recoñecemento o |
delgado
Mar 5th, 2006 - 12:39 PM |
que no existe el yunque solo eso pasa en canadà que acabaron a los europeos en su totalidad desde 1990 que no existen solo existen masones y parrocos del clero catolicos locos en suiza & francia & morocco & españa rusia que no existe el yunque solo eso pasa en canadà que acabaron a los europeos en su totalidad desde 1990 que no existen solo existen masones y parrocos del clero catolicos locos en suiza & francia & morocco & españa rusia que no existe el yunque solo eso pasa en canadà que acabaron a los europeos en su totalidad desde 1990 que no existen solo existen masones y parrocos del clero catolicos locos en suiza & francia & morocco & españa rusia
|